OS GLACIARES
Os glaciares son enormes e profundas masas de xeo acumuladas en rexións con temperaturas moi baixas.
Existen dous tipos de glaciares segundo a latitude e a altitude das zonas nas que se forman: glaciares de casquete polar e glaciares alpinos.
-Glaciares de casquete polar: son os existentes nos polos. Están constituídos por grosas masas de xeo que cobren extensas rexións continentais. O xeo dos casquetes polares desprázase desde o seu centro ata a periferia a través de numerosas linguas que avanzan cara ao mar, onde rompen en grandes fragmentos de xeo flotante ou icebergs:

-Glaciares alpinos: son os que se forman en zonas de alta montaña das rexións frías e temperadas. Neles poden distinguirse tres partes: circo glaciar, val glaciar, fronte glaciar.
Circo glaciar: é a parte máis elevada do glaciar. Trátase dunha zona cóncava entre os picos montañosos onde se acumula a neve caída e se transforma en xeo. Se as condicións climáticas cambian e o xeo se retira, o circo glaciar queda cuberto de auga e forma un profundo lago.

Val glaciar: é a canle pola que dicorre a masa de xeo ou lingua glaciar cunha velocidade que oscila entre os 10 e os 100 metros anuais. A acción do propio xeo e a dos fragmentos rochosos que transporta (denominados xenericamente moreas) escava o fondo e as paredes laterais do val glaciar que adquire unha forma típica en "u".
Fronte glaciar: é a parte máis baixa do glaciar, onde o xeo se funde e dá orixe a un torrente ou a un río. É a zona onde quedan depositadas as moreas que transportaba a lingua glaciar.
PARTES DUN GLACIAR: