RÍOS;
-son correntes de auga permanentes que discorren por unha canle ou leito fixo.
A cantidade de auga (ou tamén chamado caudal) que leva o río varía coas estacións do ano e procede da chuvia e o desxeo.
A auga dos ríos desprázase impulsada pola gravidade desde as zonas máis altas cara a outras máis baixas. Ao longo do seu percorrido pasa por tres tramos ou cursos:
(O perfil de cada tramo está condicionado pola pendente do terreo e a velocidade da auga, factores que determina o predominio en cada cda curso dos tres procesos xeolóxicos efectuados polo río).
-CURSO ALTO: é o tramo con maior pendente e, polo tanto, con maior velocidade da auga. Debido á forza da auga, nesta zona predominan a erosión, que permite o encaixe do río no seu leito, e o transporte de materiais. Son habituais neste tramo as gargantas:
foces:
DESFILADEIROS:
CANÓNS:
Formacións que teñen en común a súa profundidade e as súas paredes rochosas verticais, así como os rápidos e os saltos de auga. O val do río neste tramo ten forma de "V"
CURSO MEDIO: neste tramo a pendente é menor. A forza da auga diminúe, polo que predomina o transporte fronte á erosión. Nesta zona, o río describe curvas pronunciadas ou meandros:
CURSO MEDIO: neste tramo a pendente é menor. A forza da auga diminúe, polo que predomina o transporte fronte á erosión. Nesta zona, o río describe curvas pronunciadas ou meandros:
para evitar os obstáculos do terreo que non pode erosionar. Os fragmentos de rochas de tamaño mediano, como cantos e gravas, que a forza do río xa non pode transportar pero si puír e redondear como cantos rolados, quedan depositados no fondo e nas marxes e forman os aluvións. O val ensánchase e adquire forma de artesa, con fondo ancho e plano e a medida que profunda, deixa nas marxes pequenas chairas graduadas chamadas terrazas fluviais:
CURSO BAIXO: a escasa pendente desste tramo impide a erosión e o transporte polo que predomina a sedimentación dos materiais arrastrados polo río. Nas inmediacións da zona final deste tramo, a desembocadura, prodúcese o depósito das partículas máis finas, como arxilas e limos, que estenddas a ambos lados do ancho leito conforman extensas chairas de terras de cultivo moi fértiles, denominadas veigas:
REGATOS;
-son correntes de auga procedentes dos desxeos ou da chuvia que circulan por pequenos regueiros ou canles sen curso fixo.
A acción erosiva dos regatos é maior canto máis brando e máis pendente teña o terreo e máis escasa sexa a vexetación.
Algunhas formacións resultantes da acción dos regatos son as cárcavas:

son surcos en forma de "V" escavados en terreos brandos e soltos, como arxilas, areas ou cinzas volcánicas.
Chemineas de fadas:
Chemineas de fadas:
son columnas piramidais coroadas por unha gran rocha que evitou o arrastre do material existente baixo ela.
Lenares ou lapiases:
Lenares ou lapiases:
son sucos escavados en rochas solubles, como as calcarias ou os xesos, separados por agudas cristas que fan o terreo intransitble.
Despois segundo as características da costa onde verte as súas augas o río, distínguense dous tips de desembocaduras:
-OS DELTAS: son acumulacións de sedimentos de forma triangular formadas ao chegar a auga do río a unha costa pouco profunda, con pouca ondada e con correntes débiles.
-OS DELTAS: son acumulacións de sedimentos de forma triangular formadas ao chegar a auga do río a unha costa pouco profunda, con pouca ondada e con correntes débiles.
-OS ESTEIROS: son desembocaduras en costas abertas con forte ondada ou correntes intesas que impiden a acumulación de sedimentos. As correntes e as mareas arrastran mar adentro os materiais transportados polo río.