ANALIZAMOS A CONTAMINACIÓN DA AUGA (CONSELLOS)
A determinación precisa do tipo e cantidade de contaminación presente nunha masa de auga é de viatal importancia, xa que as substancias contaminantes poden afectar seriamente á nosa saúde.
Imos realizar unhas análises sinxelas con mostras de auga de de distintas procedencias.
A TRANSPARENCIA:
Pintamos unha cruz na basse máis estreita do tapón de caucho con rotulador negro e axústao a un extremo do tubo de vidro. Gradúa o tubo en centímetros co rotulador desde o extremo cerrado.
Suxeita o tubo ao soporte e coloca debaixo un cristalizador.
A continuación, verte a mostra de auga ata a marca de 5 cm e mira desde arriba o interior do tubo para comprobar se se ve a cruz debuxada no tapón. Segue vertendo auga da mostra ata que non se poida ver a cruz. Anota na táboa a altura que nese momento acada a auga no tubo.
Naturalmente, canta menos sexa a altura, máis contaminada estará a auga.
Despois, devólvese a auga ao seu recipiente, enxáugase o tubo con auga da billa e repítese a experiencia coas demais mostras.
Pídese observar tamén cada mostra ao microscopio para intentar identificar algún dos contaminantes. Para iso, deposítase unha gota cun contagotas entre un portaobxectos e un cubreobxectos e obsérvase no microscopio. No caderno realízase un debuxo das formas observadas.
A COR:
Aínda que unha auga incolora e transparente non sexa evidencia da ausencia de contaminación, si é certo que se mostra algunha coloración está contaminada ou ao menos non é apta para o consumo.
A cor varía moito en función do tipo de substancias que conteña: metais, óxidos, colorantes. A cor vermella pódese deber á presenza de óxidos de ferro e a verde, ás algas unicelulares que forman o fitoplancto. De todos os xeitos non se pode establecer unha relación directa entre a cor e os contaminanates.
A TEMPERATURA:
A temperatura da auga é un factor moi importante, pois inflúe na solubilidade do osíxeno: ao aumentar a temperatura, diminúe a cantidade de osíxeno disolto que pode conter a auga. Por iso, se un río recibe auga quente, por exemplo, morrerán asfixiados os peixes e outros organismos.
Esta medición debe realizarse nun lugar, e débese manter o termómetro baixo a auga uns cinco minutos. É conveniente atalo cunha corda para evitar que se escape das mans. Ademais, así podes evitar que nos caiamos dentro da auga.
O PH:
O pH da auga natural adoita ter uns valores entre 5 e 9, é dicir, próximos á neutralidade. Unha variación importatnte dese valor indica a presenza de contaminantes e resulta daniña par os seres vivos.
Utilízase unha cinta indicadora de pH. Córtase un anaco duns dous centímetros e introdúcese un centímetro na mostra. Retírase ao cabo duns dous segundos. A cinta cambia de cor, así que poderemos coñecer o valor de pH tras comparalo co patrón de cores da caixa.
Outras determinacións, como a dureza, os nitratos, o amoníaco, etcétera, resultan máis complexas, pois deben prepararse varios reactivos, algúns deles perigosos. Pero existen equipos de análises de augas consistentes en tiras de papel impregnadas xa cos reactivos, coas cales a análise é tan sinxela como a determinación do pH.
Se se dispón destes equipos, o estudo das mostras resulta moito máis completo. As análises realizadas engadaríanse a unha táboa de datos.