A POTABIZACIÓN E A DEPURACIÓN DA AUGA
-A potabilización realízase para obter unha auga apta para o consumo humano.
-A depuración ten como obxecivo devolver ao medio un auga o máis limpa posible despois de ser utilizada.
A POTABILIZACIÓN:
Habitualmente, o abstecemento de auga para as vivendas depende dos concellos, que a toman dos acuíferos próximos: ríos, lagos, augas subterráneas e a canalizan ás vivendas.
Esa auga debe pasar obrigatoriamente por unha análise de control, para coñecer a súa calidade, e por un tratamento para transformala en auga potable, que se realiza nunga estación de tratamento de auga potable.
Realízase en dúas fases:
-A primeira fase inclúe o filtrado e a decantación, que consiste en deixar repousar a auga nun gran depósito (decantador) onde sedimentarán as partículas en suspensión.
-Na segunda procédese á desinfeción para eliminar os microorganismos que puidese conter. O método máis utilizado é a cloración, como se fai nas piscinas aínda que, por dar un sabor desagradable e poder afectar á saúde dalgunhas persoas, pode optrase por utilizar ozono ou lámpadas ultravioleta.
A auga tamén se adoita neutralizar para eliminar a súa acidez. Nos lugares onde sexa necesario (en terreos calcarios) procédese a eliminar a súa dureza, o cal consiste principalmente en eliminar o CaCO3 e o CaO.
A DEPURACIÓN:
As augas residuais das cidades e industrias son tratadas normalmente nas estacións depuradoras.
En xeral, o proceso abarca as seguintes fases: pretratamento e tratamentos primario, secundario e terciario.
-Pretratamento:
Consite en dous proceso:
-Desbaste; mediante reixas metálicas sepáranse as partes máis grosas que arrastra a auga.
-Desareado e desengraxe; Inxéctase aire na auga e conséguese que froten aceites e graxas. As areas e lodos depositaranse no fondo.
-Tratamento primario:
Déixase repousar a auga residual para que sedimenten as partículas en suspensión. A adición dalgunhas substancias favorece o proceso, xa que provoca a formación de agregados que tenden a flotar ou sedimentar.
-Tratamento secundario:
Permite eliminar a materia orgánica da auga. Iso farano os microorganismos que se alimentan dela, os cales necesitan osíxeno, polo que uns rotores introducen aire constantemente. Tamén, uns axitadores impedirán que as bacterias se separen da auga mentres dura o proceso.
Rematada a dixestión, déixase repousar de novo a auga para, agora si, poder eliminar as bacterias, que caen ao fondo por acción da gravidade.
-Tratamento terciario:
Persegue reducir a presenza de contaminantes que aínda poidan quedar na auga, principalmente nitróxeno e fósforo.
Nalgunhas incorpórase un último tratamento, que consiste na utilización de lámpadas de ultravioleta para a desinfección, que alteran o ADN das bacterias e viruas paróxenos. Isto impide que se reproduzan e morran en pouco tempo.
Rematada a depuración, a auga resulta transparente e incolora pero, a pesar diso, non é reutilizable, polo que se verte aos ríos ou ao mar.
Os lodos finais son deshidrtatados e, nalgúns casos, poden utilizarse na rexeneración de solos destruídos (por exemplo, por un incendio), en xardinería ou mesmo en agricultura.