O VENTO
O vento é un movemento de aire provocado pola existencia na atmosfera de zonas con diferente presión. O aire circula desde as zonas de altas presións cara ás áreas de baixas presións.
O vento é o axente xeolóxico que actúa nos procesos eólicos que cmprenden fenómenos de erosión, transporte e sedimentación.
-EROSIÓN EÓLICA:
O vento, por si só, é un axente erosivo pouco potente. Sen embargo, o seu efecto aumenta cando se levanta e transporta pequenas partículas que desgastan e perforan as rochas tras impactar con elas.
- O levantamento de partículas soltas do solo denomínase deflación. Se ocorre nos desetos produce treboadas de area e forma campos de pedras.
- O desgaste das rochas tras o impacto de pequenos fragmentos impulsados polo vento chámase corrasión.
(A erosión eólica é máis intensa en zonas secas, con pouca vexetación e con partículas soltas no solo.)
-TRANSPORTE E SEDIMENTACIÓN EÓLICOS:
Segundo a intesidade da corrente de aire e o tamaño das partículas do solo, o vento transporta fragmentos mediante reptación, saltación e suspensión.
Ao perder intensidade, o vento solta as partículas transportadas, segundo os seus tamaños, e forma os seguintes depósitos eólicos:
.Dunas: son montículos de forma e altura variable orixinados ao chocar a area transportada cun obstáculo que frea o seu avance.
Se o obstáculo é de grandes dimensións a duna non pode sobrepasalo e será inmóbil. Se consegue pasar por encima do obstáculo a duna é móbil. Cando está preto de cultivos ou estradas débese frear o seu avance con barreiras artificiais (valados ou muros) ou naturais (vexetación).
Aínda que as dunas máis comúns son as barxanas, que son dunas con forma de media lúa coas puntas orientadas cara ao sentido de avance do vento, existen outros tipos como as dunas transversais e as dunas lonxitudinais.

.Loess: son zonas de depósito das partículas máis finas transportadas polo vento (arxila e limo) despois de ser arrastradas durante varios kilómetros.